I Xornada: Curso de percusión con Marcos Pérez Saburido



I Xornada de música e baile de Eirís

Comezamos as Xornadas de música e baile de Eirís.

Facémolo con un curso de percusión tradicional que será impartido por Marcos Pérez Saburido (Ourense) o vindeiro 24 de Outubro de 2010.

Este curso será en dúas partes, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Haberá límite de prazas.

Marcos Pérez Saburido (Ourense), autodidacta a maior parte da súa vida, é membro da agrupación Castro Floxo, do cuarteto Redea Solta (xunto con Óscar Ibañez, Pablo Devigo...), do grupo ourensán Coanhadeira e tamén acompaña a gaiteiros como Pablo Devigo en concursos de gaita solista. Premios como o Ricardo Portela 2006, o Memorial Manuel Villanueva 2007 ou Gaiteiro de Soutelo 2007 avalan a súa traxectoria, así como o Concurso de Cuartetos de Ponteareas 2010, o pasado 19 de Setembro. Imparte clases en distintos concellos.

XXVIII Concurso de Gaita e percusión Gaiteiro de Soutelo - 1º premio

Coanhadeira no Festival Interceltique de Lorient

Rédea Solta no Concurso de Ponteareas 2010 (1º premio)



Para inscribirte:
1- Envía un correo a pradobotana@gmail.com (preferentemente) ou chama ao teléfono 663 323 146 para que gardemos a túa praza antes do 18 de Outubro.
2- A non asistencia inxustificada implicará a imposibilidade de asistir aos vindeiros cursos.


- Importante! Procura traer a túa percusión! -

Presentación

Ola a tod@s,

Este Blog nace coa finalidade de axudar na distribución nas Xornadas de música e baile de Eirís (A Coruña), que nacen co fin da época estival do ano 2010.
Iremos publicando as vindeiras xornadas, así como fotografías, vídeos etc das que vaian pasando.

Comezamos en Outubro, animádevos!