Éxito tamén na II Xornada con Daniel Bellón

A ornamentación foi o tema desta II Xornada de música e baile tradicional de Eirís impartida por Dani Bellón. Alumnos chegados dende A Coruña e tamén de Malpica, Carballiño, Sada e máis lugares de Galicia e contando novamente con presencia de Madrid.

Dende as 10 e media da mañá do sábado 19 de Febreiro e con oito horas de curso ata as nove da noite, repasaron brevemente aspectos como a dixitación básica, consellos de tempero e de quecementos para previr lesións ata chegar ao verdadeiro asunto do curso.



Adornos, mordentes, picados, batementos... todo entrou nesta nova Xornada da que de novo saíron os case vinte alumnos moi contentos e agardando unha nova edición das mesmas, na que traballaremos a partir de agora e da que xa notificaremos.


E como non a festa rematou en A Repichoca ata ben entrada a mañá, cunha gran foliada con moitos dos alumnos deste curso.

II Xornada de música e baile tradicional de Eirís

Presentámosvos a II Xornada de música e baile tradicional de Eirís.

Será un curso intensivo de gaita galega a cargo de Daniel Bellón García o vindeiro sábado 19 de Febreiro do 2011 en horario de 10 a 14 da tarde e de 16 a 20 horas finalmente de 10:30 a 13:30 e 16:00 a 21:00 horas CCM de Eirís (A Coruña).

Daniel Bellón (nado en Ferrol o 5 de xaneiro de 1985) sempre amosou un grande interese pola música e dun xeito moi especial pola galega. Posúe un dos curriculums máis importantes do mundo da música tradicional en Galicia, sendo o gaiteiro máis laureado da historia, avalado por máis de 40 premios no seu haber. Na actualidade combina a súa faceta de músico nos proxectos BellónMaceiras (dúo e quinteto), e gaiteiro do prestixioso cuarteto Luvas Verdes coa de mestre de gaita galega.

Podedes coñecer máis sobre el na súa web.

Tocando no Soutelo logo de quedar 1º por cuarta vez. Ano 2006.

Bellón&Maceiras Quinteto interpretan Xudías Rusas

Para inscribirte:
1- Envía un correo a pradobotana@gmail.com (preferentemente) ou chama ao teléfono 663 323 146 para que gardemos a túa praza antes do 12 de Febreiro.
2- A non asistencia inxustificada implicará a imposibilidade de asistir aos vindeiros cursos.

- Hai límite de prazas -