I Xornada de música e baile de Eirís

Comezamos as Xornadas de música e baile de Eirís.

Facémolo con un curso de percusión tradicional que será impartido por Marcos Pérez Saburido (Ourense) o vindeiro 24 de Outubro de 2010.

Este curso será en dúas partes, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Haberá límite de prazas.

Marcos Pérez Saburido (Ourense), autodidacta a maior parte da súa vida, é membro da agrupación Castro Floxo, do cuarteto Redea Solta (xunto con Óscar Ibañez, Pablo Devigo...), do grupo ourensán Coanhadeira e tamén acompaña a gaiteiros como Pablo Devigo en concursos de gaita solista. Premios como o Ricardo Portela 2006, o Memorial Manuel Villanueva 2007 ou Gaiteiro de Soutelo 2007 avalan a súa traxectoria, así como o Concurso de Cuartetos de Ponteareas 2010, o pasado 19 de Setembro. Imparte clases en distintos concellos.

XXVIII Concurso de Gaita e percusión Gaiteiro de Soutelo - 1º premio

Coanhadeira no Festival Interceltique de Lorient

Rédea Solta no Concurso de Ponteareas 2010 (1º premio)



Para inscribirte:
1- Envía un correo a pradobotana@gmail.com (preferentemente) ou chama ao teléfono 663 323 146 para que gardemos a túa praza antes do 18 de Outubro.
2- A non asistencia inxustificada implicará a imposibilidade de asistir aos vindeiros cursos.


- Importante! Procura traer a túa percusión! -

Nenhum comentário:

Postar um comentário