III Xornada: Corda folk con Fernando Barroso


III Xornada de música e baile de Eirís

Terceira xornada, neste caso curso de corda folk con Fernando Barroso.
10 horas entre o 16 e 17 de Marzo de 2013.

FERNANDO BARROSO: Músico galego, compositor e productor especializado en instrumentos de corda. Na actualidade forma parte das bandas galegas Os Cempés e Riobó e do trío internacional Assembly Point, co que obtiveron diferentes galardóns polo seu disco homónimo editado en 2011. Ademáis ten colaborado con numerosas formacións en directo, como Anxo Lorenzo Band, Malvela, Ardentía ou Coanhadeira entre outras. Tamén é dinamizador de cursos folk e impartíu obradoiros en diferentes centros e festivais en europa. Como productor músical destacan os seus traballos realizados xunto a Assembly Point, RIU(Amb Canya) e 'POP' co músico portugués Luís Peixoto. 



PROGRAMA:


- Recursos rítmicos man dereita. Ritmos habituáis da música tradicional. Exercícios polirrítmicos.

- Recursos man esquerda para acompañamento e melodías. Ornamentación.

- Criterios armónicos e rítmicos á hora de facer arranxos. Composición de melodías e contramelodías.


Contacto:
nandobouzouki@gmail.com

Prezo:
60€

Éxito tamén na II Xornada con Daniel Bellón

A ornamentación foi o tema desta II Xornada de música e baile tradicional de Eirís impartida por Dani Bellón. Alumnos chegados dende A Coruña e tamén de Malpica, Carballiño, Sada e máis lugares de Galicia e contando novamente con presencia de Madrid.

Dende as 10 e media da mañá do sábado 19 de Febreiro e con oito horas de curso ata as nove da noite, repasaron brevemente aspectos como a dixitación básica, consellos de tempero e de quecementos para previr lesións ata chegar ao verdadeiro asunto do curso.



Adornos, mordentes, picados, batementos... todo entrou nesta nova Xornada da que de novo saíron os case vinte alumnos moi contentos e agardando unha nova edición das mesmas, na que traballaremos a partir de agora e da que xa notificaremos.


E como non a festa rematou en A Repichoca ata ben entrada a mañá, cunha gran foliada con moitos dos alumnos deste curso.

II Xornada de música e baile tradicional de Eirís

Presentámosvos a II Xornada de música e baile tradicional de Eirís.

Será un curso intensivo de gaita galega a cargo de Daniel Bellón García o vindeiro sábado 19 de Febreiro do 2011 en horario de 10 a 14 da tarde e de 16 a 20 horas finalmente de 10:30 a 13:30 e 16:00 a 21:00 horas CCM de Eirís (A Coruña).

Daniel Bellón (nado en Ferrol o 5 de xaneiro de 1985) sempre amosou un grande interese pola música e dun xeito moi especial pola galega. Posúe un dos curriculums máis importantes do mundo da música tradicional en Galicia, sendo o gaiteiro máis laureado da historia, avalado por máis de 40 premios no seu haber. Na actualidade combina a súa faceta de músico nos proxectos BellónMaceiras (dúo e quinteto), e gaiteiro do prestixioso cuarteto Luvas Verdes coa de mestre de gaita galega.

Podedes coñecer máis sobre el na súa web.

Tocando no Soutelo logo de quedar 1º por cuarta vez. Ano 2006.

Bellón&Maceiras Quinteto interpretan Xudías Rusas

Para inscribirte:
1- Envía un correo a pradobotana@gmail.com (preferentemente) ou chama ao teléfono 663 323 146 para que gardemos a túa praza antes do 12 de Febreiro.
2- A non asistencia inxustificada implicará a imposibilidade de asistir aos vindeiros cursos.

- Hai límite de prazas -


Rematada a I Xornada




Onte celebrouse a I Xornada de música e baile tradicional de Eirís con un curso intensivo de perfeccionamento técnico de percusión tradicional a cargo de Marcos Pérez Saburido.


A maior parte dos alumnos reclamaron a continuidade deste curso de percusión polo menos durante un día máis, así que estade atentos! Tamén están previstos novos cursos en vindeiros meses.

Apertas a tod@s e graciñas aos que viñéchedes por encher as prazas para este primeiro curso.