Éxito tamén na II Xornada con Daniel Bellón

A ornamentación foi o tema desta II Xornada de música e baile tradicional de Eirís impartida por Dani Bellón. Alumnos chegados dende A Coruña e tamén de Malpica, Carballiño, Sada e máis lugares de Galicia e contando novamente con presencia de Madrid.

Dende as 10 e media da mañá do sábado 19 de Febreiro e con oito horas de curso ata as nove da noite, repasaron brevemente aspectos como a dixitación básica, consellos de tempero e de quecementos para previr lesións ata chegar ao verdadeiro asunto do curso.



Adornos, mordentes, picados, batementos... todo entrou nesta nova Xornada da que de novo saíron os case vinte alumnos moi contentos e agardando unha nova edición das mesmas, na que traballaremos a partir de agora e da que xa notificaremos.


E como non a festa rematou en A Repichoca ata ben entrada a mañá, cunha gran foliada con moitos dos alumnos deste curso.

Nenhum comentário:

Postar um comentário